Skip to Content

Concurso de cabazas

Queridas familias:

O Magosto e o Samaín xa están á volta da esquina e coma sempre levaranse a cabo unha serie de xogos populares nos que participaremos pequenos/as e grandes.

Así mesmo, levarase a cabo o tradicional concurso de cabazas, se ben este ano pediriámosvos que empreguedes materiais reciclados para a súa elaboración pois, como sabedes, vimos de comezar unha nova andanza loitando pola sostenibilidade e na procura de que a nosa pegada ecolóxica sexa  sempre o máis pequena posible.

As cabazas poderán achegarse ao centro a partir do luns 21 de outubro ata o día 25 que se levarán de volta se están en boas condicións.

Non esquezades poñerlles o nome e curso dos pequenos/as para poder identificalas.

Dias non lectivos a elección do centro

Queridas familias:

Queremos poñer no voso coñecemento que os días 20 de marzo e 4 de maio serán non lectivos.

Incidencia cos autobuses

Queridas familias,

Tras poñernos en contacto coa Consellería informámosvos de que "Raposo" será a partir de agora o encargado da liña número 4, mantendo os mesmos horarios e paradas que viña facendo ata agora.

 

A saída dos rapaces/as de regreso ás súas casas farase con plena normalidade.

Seguimos traballando a favor do noso planeta.

Con motivo da semana do Medio Ambiente,  leváronse a cabo distintas iniciativas no centro, entre as cales podemos salientar a creación de carteis en defensa do medio, a elaboración de manualidades con material reciclado e un acto final o venres no que cantamos a canción "Ecoloxista"  de Pablo Díaz ademáis de escoitar un manifesto elaborado polos rapaces/as de 6º curso. Podedes leelo no seguinte enlace.

 

 

 

 

 

O periódico La Opinión fíxose eco das nosas actividades.  Podedes ver o artigo neste enlace

 

Solicitude de profesorado para os nosos pequenos/as

Seguindo a liña de colaboración co concello, este fíxose eco da necesidade de especialistas do noso centro e outros colexios da zona, para a atención específica de nenos/as con certas dificultades na fala.

A Voz de Galicia recolle a noticia nas súas páxinas. Podedes consultala no seguinte enlace.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut