Skip to Content

O noso Horto

A Cova dos Soños prepárase para a chegada do Samaín

Entre as arrepiantes propostas temos o noso xa tradicional concurso de cabazas.

Tamén nos gustaría que o día 29 aproveiten para traer algunha "merenda terrorífica" (cada quen a súa, xa sabedes que con isto da COVID non podemos compartir) e ... postos a pasalo en grande viñesen disfrazados, ben feos e feas, ese mesmo día 29.

 

.Permanecede atentos ás nosas "terroríficas" aventuras.

Disfrutemos xuntos da danza!!

Este vindeiro luns participaremos nunha actividade relacionada coa danza e a literatura, da man da autora Fátima Moreno.(Doctora en Pedagogía de la Danza Educativa y profesora de Danza de Conservatorio y del Máster de Ciencias de la Educación: Danza Educativa de la Universidad Autónoma de Madrid, colaboradora en distintas instituciones a nivel inclusivo-social y terapéutico.)

Non só os nosos pequenos e pequenas de 1º e 2º poderán disfrutar se non que os mestres e mestras aproveitaremos para formarnos participando nun taller que a ofrecerá autora .

Xa o estamos desexando!!

O EDLG e a Biblioteca acenden motores!!

Xa están aquí as propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca.

Agora que as medidas da COVID veñen de relaxarse un tanto, podemos retomar os Contos e cantos a carón da Lareira que tanto desfrutabamos.

Animádevos a participar!! O cole está desexando recuperar a vosa presencia e colaboración!

 

Voltan tamén os nosos Booktubers, recomendándonos os libros que máis lles gustan.

 

Inauguramos o Plan lector

Un ano máis inauguramos o Plan de lectura silenciosa e baixamos ao patio para "estrealo" desfrutando do soliño.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut