Skip to Content

Circular de fin de curso.

Ante a proximidade do fin de curso 2017-2018, infórmase aos pais e nais do alumnado deste Centro das seguintes cuestións:

1. Asistencia do alumnado e entrega de cualificacións.

O alumnado asistirá ao Colexio ata o próximo día 21, inclusive, en horario habitual de 09'00 a 14'00 horas. Os informes ás familias coas cualificacións finais entregaranse o día 21 de Xuño, ao final da sesión lectiva.

2. Entrevistas de pais/nais co profesorado.

As pais/nais que desexen ter unha entrevista de final de curso co profesorado do Centro, poderán facelo o día  22 de Xuño  de 10'00 a 12'00 horas. Despois de dito día, só se recibirán visitas que estean plenamente xustificadas e con previa petición de hora.

De acordo coa Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, as nais e pais do alumnado de 6º curso deberán acudir ao Centro, o día 29 de 10:30 a 13 horas, para retirar o Historial Académico dos seus fillos/as, asinando o recibín correspondente. Caso de non poder asistir nese día, poderán retirar ditos documentos ata o día 3 de xullo na Conserxería do Centro.

3.Libros de texto

O listado de libros de texto para o curso escolar 2018-2019 está exposto no taboleiro de anuncios do Colexio desde o 15 de xuño. Respecto ao programa de Axudas de libros e material e Fondo solidario, recordar que debemos estar ao disposto na  Orde do 9 de maio  (DOG 21/05/2018). 

Porán retirar os vales de Axuda de libros e os de material os días 29 de xuño  e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas.

Fondo solidario: Publicación de listaxes provisionais o día 4 de xullo. Publicación de listaxes definitivas o día 9 de xullo.

Recordamos que para poder disfrutar do fondo de libros deberán ter devoltos os libros dos que foron beneficiarios neste curso 2017/2018.

4. Comedor Escolar e Programa de Madrugadores.

No próximo curso seguirán a funcionar os servizos de Comedor Escolar e o Programa Madrugadores, ámbolos dous ao cargo da ANPA e cun réxime organizativo similar ao que están a ter na actualidade. Para coñecer os prazos de solicitudes deberán dirixirse a ANPA.

5. Comezo do próximo curso escolar.

As clases comezarán o día 12 de setembro de acordo coa Orde de 28 de maio de 2018 (DOG 8/06/2018) pola que se aproba o Calendario Escolar para o curso 2018/2019. O Colexio estará aberto a efectos administrativos a partir do día 3 de setembro.

O alumnado de educación infantil de tres anos incorporarase segundo o período de adaptación que se exporá logo da reunión cos titores/as. 

Os membros do Claustro de Profesorado e Consello Escolar aproveitan este final de curso para agradecer ás familias a colaboración no desenvolvemento do curso escolar 2017-2018 e despiden especialmente ao alumnado de 6º curso que promociona ao Instituto no vindeiro curso.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A directora,

Asdo.: Mª Consuelo Morales Gayoso



blog | by Dr. Radut