Ver CEIP Agolada en un mapa más grande
CONTORNA
O Concello de Agolada está situado no centro xeográfico da nosa comunidade, no extremo Norleste da provincia de Pontevedra. Pertence xunto con Lalín, Rodeiro Dozón , Silleda e Vila de Cruces á Comarca do Deza. Agolada limita ao Norte co Río Ulla, ao Sur con Rodeiro e Lalín, ao Leste con Antas de Ulla (Lugo), e ao Oeste coas terras de Vila de Cruces.A súa poboación vive distribuída nas vintecatro parroquias do Concello: Agra , Artoño, Baíña, Basadre , Berredo , Borraxeiros , Brántega , Brocos , Carmoega , Eidián , Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro , Merlín , Órrea , Ramil , San Paio de Bais , Santa Comba , Sesto , Sexo, Trabancas, Val de Sangorza , Ventosa e Vilariño. Só unha pequena parte do alumnado vive na vila, a maioría acoden en autobús das distintas parroquias do Concello.
O centro está adscrito ao Instituto Laxeiro de Lalín , centro ao que se incorpora o alumnado que remata a etapa de Primaria para seguir estudos de Educación Secundaria.
DATOS DO CENTRO
Nome
|
CEIP PLURILINGÜE DE AGOLADA
|
Código de centro:
|
36003480
|
Enderezo:
|
Avenida Iryda nº20
|
Localidade:
|
Agolada
|
Provincia:
|
Pontevedra
|
Código Postal:
|
36520
|
Correo electrónico:
|
ceip.agolada@edu.xunta.es
|
Teléfono:
|
886151077-78-79
|
Fax:
|
886151080
|