Libros de Texto

INFORMACIÓN POR DATAS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

INFORMACIÓN POR DATAS SOBRE O  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 

7 DE XUÑO - FARASE A Publicación das listas provisionais:

 

·        Solicitudes admitidas. Alumnado por orde alfabética con asignacion de libros a alumno.

·        Solicitudes excluídas por: fóra de prazo; falta subsanación deficiencias solicitude e/ou documentación; falta devolución libros 2014/2015. 

8 E 9 DE XUÑO - PRAZOS DE RECLAMACIÓN. 

10 DE XUÑO - Data límite para gravar reclamaciónsen Fondolibros. 

15 DE XUÑO - Publicación das listas definitivas. 

ESTAS LISTAS  QUEDARÁN EXPOSTAS  NA PÁXINA WEB E TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO E FARASE A ENTREGA DE LIBROS ADXUDICADOS NO MES DE SETEMBRO. 

 

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO: CURSO 2014-2015

 No DOG DO 30 de maio de 2014, publicouse a Orde do 28 de maio de 2014, pola que se convocadan  as axudas para a adquisición de libros de texto  destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/2015.

 

 REQUISITOS

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de presentación da solicitude.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2014/2015.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.

 

PARA MAÍS INFORMACIÓN PREMER AQUÍ.

CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS 2010-2011

 

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas
para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-2011.
 

PUBLICADO DIARIO OFICIAL GALICIA 31 de maio

Distribuir contido

Back to top