Actividades Complementarias e Extraescolares

FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO

Hoxe 24 de Abril, festexamos o día do libro no colexio. Desde a Biblioteca xa viñéramos facendo actividades a semana pasada pero hoxe foi o gran día. Despóis do recreo os padriños e os seus afillados estiveron lendo no patio os seus libros favoritos. Despóis fixeron debuxos inspirados nas historias e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Paco Nogueira "Un libro".

 

PASCUA 2017

Un ano máis festexamos a Pascua e a chegada da primaveira no Ceip de Abelendo. Os nosos alumn@s plantaron semillas, comeron roscón con chocolate, participaron en distintos xogos tradicionáis, fixeron un circuito de entrenamiento e para rematar a xa tradicional búsqueda de ovos de pascua. O pasaron xenial!. Con estas fotos desexamos a  toda a comunidade educativa  unhas felices vacacións e un bo descanso. Vémonos á volta!!. Sorriso

 

INFORMACIÓN DO FACEBOOK DO CONCELLO SOBRE O ENTERRO DA XOUBIÑA

Á vista das previsións meteorolóxicas para mañá sábado, 4 de marzo, MANTENSE o desfile do Enterro da Xoubiña tal como estaba programado. 

Mañá ás 16:30 horas as comunidades educativas de todos os centros de ensino infantil e primario do Concello encherán o paseo do Con coas súas carrozas e disfraces. A saída cara o contormo do palco da música está prevista para as 17:00 horas.

NOTA ENTERRO DA XOUBIÑA

O día de onte celebrouse unha reunión no Concello na cal, ante a previsión dunha tregua da chuvia durante a celebración do Enterro da Xoubiña, acordouse manter o desfile para mañá sábado. Como noutros anos, está previsto quedar os participantes e as carrozas no Con ás 16:30 horas para saír o desfile ás 17:00 horas. Se mudasen as previsións metereolóxicas, suspenderíase. Haberá unha noticia no facebook do Concello hoxe ás 21:00 confirmando o desfile ou anunciando a súa suspensión.

Animamos a toda a comunidade escolar do CEIP Abelendo a participar mañá, se o tempo o permite, neste acto.

 

A dirección e  ANPA do CEIP Abelendo

FESTA DO ENTROIDO

E chegou o gran día do Entroido no que o noso colexio enchéuse de emoticóns: alegres, tristes, enoxadoss, amedontrados, simpáticos, ou namorados. Cos corazóns cheos de emocións paseamos polas rúas de Abelendo cantando a nosa canción "Mira o meu disfraz" e escoitando á banda dos nosos alumnos/as tocar melodías típicas desta festividade.

Xa de volta, e despóis dunha longa caminata, unha chea de doces feitos polas familias dos nosos alumnos/as esperábanos no colexio.  Pasámolo xenial!!.

O próximo sábado 4 de Marzo sairemos outra vez no desfile organizado polo Concello de Moaña. Esperámosvos a todos/as!!!.

(Premede na imaxe para ver a reportaxe fotográfica)

Distribuir contido

Back to top