Promoción 2019 - 2º

Setembro e outubro

O curso vai avanzando, xa pasaron os primeiros meses. Foron tempos de adaptación, de aprendizaxe e de diversión. Aquí tedes unha mostra dalgúns dos feitos máis importantes que ocorreron durante este período.

 

Os primeiros días foron para coñecernos e crear vínculos entre todos os compañeiros e compañeiras.

 

Tamén coñeceron aos novos profes do cole, como o mestre de Educación Musical, que apareceu coa súa guitarra nalgunha clase.

 

Pouco a pouco vanlles perdendo o medo ás minúsculas. Moitos xa son quen de ler case calquera palabra!

 

 

 

Tivemos dúas celebracións de aniversario, aínda que pronto virán máis.

 

 

Algúns alumnos e alumnas animáronse a amosar as súas habilidades despois da asemblea. Tivemos sesións de maxia, de repaso de Inglés...

 

En 1º hai moitas ganas de seguir aprendendo e avanzando! 

Samaín

O venres pasado a nosa aula encheuse de teas de araña, de momias e de cadaleitos, pero non tivemos medo porque estaban todos deliciosos! Estas son algunhas mostras das merendas terroríficamente deliciosas que puidemos saborear en clase (outras desapareceron demasiado rápido, coma vampiros na néboa). 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Marabillas dunha aula de infantil

Así, un día calquera, na nosa aula de infantil, pasan cousas tan marabillosas coma esta.

Mentres todos traballamos nos nosos rincóns no que nos apetece nese momento, o encargado/a do día ten liberdade para ir á cociña e xogar alí co material que hai.

E, sen darnos conta, atopámonos momentos coma estes...

Mentres todos seguimos a traballar, alguén concentrado e con delicadeza, vai fregando a louza coas súas pequenas mans  e, ademais do xogo que leva a cabo, está interiorizando sen sabelo, que non hai tarefas de homes e de mulleres, que non hai xoguetes de nenas e de nenos... e, sen sabelo, vai medrando nel a semente da IGUALDADE!!

E isto si é algo para celebrar e merece unha entrada nesta web!!

Distribuir contido

Back to top