ADMISIÓN ALUMNADO 2021
Tal e como se recolle na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) debemos publicar as vacantes dispoñibles antes do 1 de marzo.
No noso centro quedaría como segue:
CURSO | PERMANENCIAS | VACANTES |
4º INFANTIL | 0 | 22+ 3 NEAE |
5º INFANTIL | 11 | 14 |
6º INFANTIL | 9 | 16 |
1º PRIMARIA | 9 | 13+ 3 NEAE |
2º PRIMARIA | 20 | 5 |
3º PRIMARIA | 11 | 14 |
4º PRIMARIA | 1 | 24 |
5º PRIMARIA | 14 | 11 |
6º PRIMARIA | 9 | 16 |
Lembramos as datas máis relevantes:
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 1 ao 22 de marzo.
Publicación listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, antes do 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, antes do 15 de maio.
Formalización de matrícula para Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño.
NOTA: Só se poderá entregar unha solicitude de admisión, na que se poderán facer constar por orde de preferencia ata 6 centros.