Plan Proxecta

Este ano, dentro do plan PROXECTA da Consellería, levamos a cabo o PROXECTO TERRA. É unha modalidade na que pretendemos que o alumnado tome conciencia da importancia dos espazos no seu día a día na escola e faremos un traballo de adecuación do patio escolar ás súas necesidades e propostas.

Comezamos valorando nunha asemblea xeral que cousas botamos en falta e como podemos enfocar o traballo para que o noso patio sexa máis acorde coas necesidades que o alumnado ten.

Nesta primeira reflexión, despois de poñer en común as propostas de cada grupo, houbo ideas que se repetiron: ter máis zonas para sentarse no exterior, máis zonas de mesas, máis casitas de exterior e cociña, máis plantas... Agora o seguinte paso, para o que o tempo non acompaña será organizar o traballo para que o alumnado poda levar a cabo as propostas no patio para que sexa o patio que eles e elas e todas soñamos. En canto a chuvia pase e volva sair o sol poderemos traballar para dar forma a ese realidade que de momento son OS NOSOS SOÑOS.

Back to top