PARA ELISA CON CARIÑO

O pasado mes decembro, a mestra María Elisa Pérez Vilariño xubilouse no CEIP Abelendo. Durante a súa labor como mestra neste centro, foron centos de alumnos/as en Educación Física e no Terceiro Ciclo de Primaria que levan un anaquiño dela no corazon e na súa formación. Tamén moitos mestres e mestras tivemos o pracer de compartir con ela tempos doados e complicados nesta marabillosa tarefa de educar as futuras xeracións.

Dende a Comunidade Escolar do CEIP Abelendo queremos agradecerlle todos estes anos de compañerismo e bo facer na súa faceta de educadora e polo expléndido traballo desenvolvido na secretaría do centro e na súa querida biblioteca escolar.

Sabemos que no teu corazón están as moitas experiencias vividas no CEIP de Abelendo e a Comunidade Escolar que as fixo posibles.

Agardamos que disfrutes moito da túa máis que merecida xubilación!

Grazas MESTRA!!

 

 

 

 

 

Back to top