SEMANA DO LIBRO. INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA EXTERIOR

Durante a celebración do Día do libro, que se conmemora o 23 de abril, fixemos varias actividades, entre as que destacamos a participación das familias a través de Contacontos para o alumnado.

Aproveitamos esta data tan sinalada para facer tamén a inauguración da Biblioteca exterior, agradecendo as ideas e a elaboración por parte das alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria.

Seguro que imos desfrutar moitísimo deste espazo tan acolledor!

Back to top