try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deadmin

SABANDUXA 2018

Xa podedes inscribirvos na actividade da creación da nosa Sabanduxa 2018 na conserxería do voso centro ata o luns 17 de decembro.

Dita actividade terá lugar o vindeiro martes 18 de decembro de 17:00h a 19:00h no CEE de Panxón.

Tendes máis información no arquivo adxunto

PREDICION METEOROLÓXICA PARA O TOLEAMOS ROCK FESTIVAL

Como nos preocupa o tempo que imos ter no Toleamos Rock Festival, e para tranquilizar aos asistentes e participantes, aquí vos deixamos a predición feita polos compañeiros de MeteoPanxón

 

TOLEAMOS ROCK FESTIVAL - ROLDA DE PRENSA

Esta mañá tivo lugar a presentación do TOLEAMOS ROCK FESTIVAL no CEE de Panxón, coa intervención dos alumnos Miriam, Marcos e Facundo e do director do centro, Rafael Lores. Tamén estiveron presentes Carmen Miranda como representante da Asociación "BICOS DE PAPEL" e o ALcalde de Nigrán, Juan González. Aquí vos deixamos o video da mesma:

 

TOLEAMOS ROCK FESTIVAL

O sábado 12 de maio organizamos no recinto escolar de Panxón un festival de Rock a beneficio da Asociación "BICOS DE PAPEL", cun cartel cheo de grupos de alta categoría e que vos farán gozar da mellor música en directo, como son MUSHU, THE ALTA NOTA e a ROCKESTRA DO PROVAL, e tamén o vocalista dos Heredeiros da Crus, JAVI MANEIRO, que vos invita a participar con esta mensaxe.

Como o corpo necesita repoñer forzas, tamén haberá diversos postos de comida e bebida. NON FALTES!! ESPERÁMOSTE!!

 

 

 

VEN Á FEIRA DE PITEAS 2018!!

Non podes deixar de visitarnos na feira de Piteas 2018!!!

 

Distribuir contido