TOLEAMOS ROCK FESTIVAL

O sábado 12 de maio organizamos no recinto escolar de Panxón un festival de Rock a beneficio da Asociación "BICOS DE PAPEL", cun cartel cheo de grupos de alta categoría e que vos farán gozar da mellor música en directo, como son MUSHU, THE ALTA NOTA e a ROCKESTRA DO PROVAL, e tamén o vocalista dos Heredeiros da Crus, JAVI MANEIRO, que vos invita a participar con esta mensaxe.

Como o corpo necesita repoñer forzas, tamén haberá diversos postos de comida e bebida. NON FALTES!! ESPERÁMOSTE!!