Blogues

MENÚ SEMANA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Actualmente son moitos os conflitos que se están suscitando no mundo, pero tamén é moito maior a cantidade de información que se consegue respecto diso. Os nenos e novos, están a ser bombardeados constantemente con textos, datos, infografías, entre outros, que os expoñen, queiramos ou non, a unha realidade cada vez máis violenta. Aínda por riba, comportamentos como o  bullying nas escolas, o  ciberacoso e o escarnio dixital, están a xerar persoas inseguras, con moi baixa autoestima e en casos extremos, nenos que recorren ao suicidio por non ter as ferramentas  psicoafectivas adecuadas para afrontar esas situacións.

bullying nas escolas é unha lacra contra a que hai que loitar. O DÍA DA PAZ o que busca é sementar valores no alumnado, co obxectivo de crear homes e mulleres que prefiran falar no canto de golpear, conciliar no canto de gritar e unirse no canto de competir  fieramente uns contra outros. Isto é o que se coñece como cultura de paz.

Aquí tendes o noso menú pacífico para esta semana!!

BO PROVEITO!!

MENÚ 3ª SEMANA XANEIRO

Adxuntamos o menú correspondiente a esta semana do mes de Xaneiro.

BO PROVEITO!!

FELIZ ANO NOVO!!

FELIZ ANO NOVO 2020!!!

Voltamos de novo ás aulas, aos proxectos... con renovadas enerxías logo do paréntese navideño.

E aquí tendes o menú do noso comedor escolar para esta primeira semana.

BO PROVEITO!!

BO NADAL!!

XA O TEMOS AQUÍ!!!

Como xa ven sendo unha tradición neste últimos anos, aquí tendes o noso vídeo para felicitarvos a todos as Festas, feito con todo o cariño e agardando pasedes un ratiño agradable e divertido.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2020!!!

 

MENU 3ª SEMANA NADAL

E chegamos ao remate deste 1º trimestre, sempre duro e dificil...Agora a disfrutar dun máis que merecido descanso nestes días de festa!!

Aquí tendes o último menú deste ano 2019 do noso comedor..

Desexámosvos que pasedes unhas moi Felices Festas!!

BO PROVEITO!!

MENÚ 2ª SEMANA DECEMBRO

Menú para esta segunda semana de decembro.

BO PROVEITO!!

MENÚ 1ª SEMANA DECEMBRO

Xa queda menos para o máis que merecido descanso navideño!!

Aquí vos deixamos o menú desta semana un chisco máis curta.

BO PROVEITO!!

MENÚ 4ª SEMANA NOVEMBRO

Foi no ano 2.000 cando a Asemblea Xeral da ONU designa o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, convidando a gobernos, organizacións internacionais e a ONG a tomar cartas no asunto e coordinar actividades que eleven a conciencia pública en canto á eliminación de todas as formas de violencia contra as mulleres.

Pero xa se celebraba antes este día. Desde 1981, militantes e activistas en favor do dereito da muller observaban o 25 de novembro como día de protesta e conmemoración contra a violencia de xénero.

A data foi elixida para honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asasinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano, Rafael Trujillo.

Este día é sumamente importante xa que a violencia contra as mulleres e nenas é a máis estendida do mundo actual. Crese que o motivo é a impunidade da cal gozan os  perpetradores, e o silencio, a  estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

Tes moita máis información sobre este día e accións que podes levar a cabo si clicas na imaxe.

BO PROVEITO!!

MENÚ 3ª SEMANA NOVEMBRO

Adxuntámosvos o menú desta 3ª semana de novembro...

Que teñades/teñamos un moi bo proveito!!

MENÚ 2ª SEMANA NOVEMBRO

Adxuntamos o menú do comedor escolar para esta segunda semana de novembro. Que teñades un bo proveito!!!

Distribuir contido