try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PROPOSTA ARTÍSTICA PARA BAI SEN PULGAS

Un ano mais o noso centro continua colaborando activamente coa protectora Bai sen pulgas situada no Concello de Gondomar.

Os últimos catro anos colaboramos con eles en labores de voluntariado  como parte da nosa proposta dentro do plan proxecta "protexe os animais"  e que consiste en darlles paseos semanais aos cans acollidos en dita protectora co fin de desenvoltar o respecto e a protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e a análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.

Este ano propuxémonos ademais colaborar na mellora das instalacións con propostas como a construcción de casetas de madeira para os animais e  a decoración dunha das paredes coa a creación dun mural diseñado por parte dos nosos alumnos. Xa vos iremos mostrando como evoluciona toda esta aventura.#baisenpulgas #planproxecta#protexe os animais

 

MENÚ MES DE MAIO

Aquí temos o menú para este mes de Maio, mes das Letras Galegas.

Que o disfrutedes!!

 

 

COÑECEMOS O NOSO LITORAL

Hoxe tivemos o pracer de disfrutar dunha charla sobre a Biodiversidade das Costas Galegas da man de Manuel Domínguez, biólogo do @cem_coop que nos mostrou a riqueza da biodiversidade do noso litoral e que nós en Panxón temos a sorte de tela tan cerquiña.
Moitas gracias Manuel, por mostrarnos a o teu saber con tanta paixón.
Álbum: CURSO 2023/24 -> CHARLA NATUREZATE

VIDEO CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE 2024

#Apolas70doazóns  é o lema que escolleron os nosos alumnos e alumnas neste video que gravaron e editaron no proxecto Producións Panxón onde vos animan a todos e todas a vir mañá 16 de abril a doar sangue. 

O obxectivo é conseguir así chegar ás 70 doazóns, dato histórico para o concello de mañá! Esperámosvos

 

PRESENTACIÓN CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE 2024

  • Mañá moi intensa no CEE de Panxón: Presentación da campaña mais solidariado centro a través dunha rolda de prensa a que asistiron representantes dos centros educativos que a organizan, Juan González alcalde de @concellodenigran e Sabela Lareo de @doadoressangue
  • Mañá 16 de abril o noso centro educativo acollerá o autobús de doazón de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.
  • Este ano o noso obxectivo é chegar ás 70 doazóns, superando o número do ano pasado e colocando ao concello de Nigrán nos mellores datos de doazón da historia!

Animádevos a a vir!

#apolos70 #campañadoazonsangue #planproxectasalvavidas #ceepanxon
#cpiarquitectopalacios #centrossolidarios #nigran

Álbum: CURSO 2023/24 -> DOAZON SANGUE 2024
Distribuir contido