Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > IV Concurso de Divulgación Científica do CPAN

IV Concurso de Divulgación Científica do CPAN [1]

Enviado por portalcafi a Xov, 27/06/2013 - 14:19
O proxecto Consolider-Ingenio 2010 CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear), convoca o seu IV Concurso de Divulgación Científica en colaboración coa Fundación Xeral CSIC
Gallego

O proxecto Consolider-Ingenio 2010 CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear), convoca o seu IV Concurso de Divulgación Científica en colaboración coa Fundación Xeral CSIC.

O obxectivo do certame é estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral e aos estudantes de educación secundaria e universitaria en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos e os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.

Poden participar investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grado, profesores de educación secundaria, profesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias das seguintes modalidades:

Artigos de divulgación: convócase un premio dotado con 1.000 euros.
Webs e/ou Blogs: convócase un premio dotado con 1.000 euros.
Vídeos: convócase un premio dotado con 1.500 euros.
Experimentos/Demostracións/Aplicacións para dispositivos móbiles: convócase un premio dotado con 1.500 euros.
Traballos publicados en medios de comunicación: convócase un premio dotado con 1.000 euros.

Poderán presentarse traballos ata o  luns 30 de setembro de 2013 a través dunha aplicación web na intranet do CPAN.

Máis información na web do concurso:  http://www.i-cpan.es/concurso4 [2]

CONCURSO CIENTÍFICO
CAFI [3]
Departamentos [4]
Científico, tecnolóxico e social [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9887

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9887
[2] http://www.i-cpan.es/concurso4
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/762