A Fundación Amancio Ortega convoca 100 bolsas para realizar primeiro de bacharelato nun instituto canadense durante o curso 2013/2014 [1]
Enviado por asacido a Ven, 11/01/2013 - 13:59As bolsas "Estudia en Canadá" da Fundación Amancio Ortega van dirixidas a alumnado que estea cursando 4º de ESO nun centro educativo español.
Trátase dun programa que ofrece a posibilidade de pasar o curso escolar 2013/2014 en distritos escolares de catro provincias canadenses angloparlantes: Alberta, British Columbia, Nova Escocia e Ontario. O alumnado convivirá durante 10 meses cunha familia de acollida, en poboacións de tamaño medio, e co obxectivo de integrarse totalmente na comunidade escolar, de xeito que poida mellorar o seu nivel de coñecemento do idioma e a súa formación.
As bolsas cobren o cento por cento dos gastos do curso académico e ofrecen seguimento e apoio continuo durante a estancia. Tamén se inclúen as viaxes de ida e volta, o aloxamento en familia, a manutención durante o curso e un seguro médico e de accidentes.
O prazo de solicitude vai do 14 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2013 e debe realizarse a través da plataforma informativa e de xestión do programa [2].
Website:
Tema:
Sección: