Maletas viaxeiras da asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación [1]
Enviado por pablogulin a Mér, 01/08/2012 - 12:28No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares:
- 1 maleta de POESÍA destinada fundamentalmente a PRIMARIA (CEIP ou CPI): acceder ao PDF [2]
- 1 maleta con documentación específica sobre lectura e bibliotecas para centros de INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA, para información e formación do profesorado deses centros. acceder ao PDF [3]
- 1 maleta de Banda Deseñada que contén unha selección de cómic e novela gráfica, para coñecer autores e títulos de banda deseñada que están a ser referencia entre os lectores do xénero. Destinada aos centros de ensino secundario. Acceder ao PDF [4]
Cada unha leva un documento coa listaxe de obras que contén, información de interese sobre o tema, enlaces e propostas de utilización. Tamén leva unha libreta para suxestións e comentarios.
Os centros interesados terían que facer unha solicitude, cubrir un impreso e encargarse de recoller e devolver a maleta. Os préstamos son de 15 días (renovables en función da demanda) para cada centro. Ó devolvela haberá que comprobar que está todo, se algún centro estraga algún material, deberá repoñelo.
A experiencia do curso pasado foi moi positiva. Esperamos que neste curso sigan viaxando para lles tirar o mellor proveito posible.
