Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense

G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense [1]

Enviado por portalcafi a Ven, 12/05/2023 - 20:05
Unha muller libre e adiantada ao seu tempo
Gallego

Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre  os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.

O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…

  • Código en fprofe: G2203016
  • Relator: Xosé Luís Sobrado
  • Lugar: O Carballiño - Banga - Puzo do lago
  • Data: 03 de xuño de 2023
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense
CAFI [2]
Departamentos [3]
Linguas [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39874

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39874
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/765