S2201052 Aproximación ao tratamento integrado de linguas [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 27/02/2023 - 13:52Este curso pretende servir de guía para o tratamento integrado das linguas entendido como enfoque metodolóxico. Aproximarémonos, en primeiro lugar, aos referentes legais e aos aspectos básicos que hai que ter en conta na súa planificación. Observaremos o papel fundamental que teñen os equipos de dinamización da lingua no seu desenvolvemento, coñeceremos tamén algúns exemplos e experiencias de traballo interdisciplinario e, para finalizar, aprenderemos a desenvolver a competencia lingüística a través da dramatización.
- Datas de realización: 30 de marzo, 13, 19 e 26 de abril e 3 de maio.
- Lugar: CAFI
- Horario: das 17 ás 21 horas
- Duración: 20 horas
- Máis información en fprofe: S2201052 [2]