Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo [1]

Enviado por portalcafi a Dom, 26/02/2023 - 20:49
Viaxar a Mondoñedo, da man de Álvaro Cunqueiro, é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín, Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza.
Gallego

Que Mondoñedo era unha cidade culturalmente sobranceira antes de Cunqueiro vir ao mundo é algo ben sabido. Mais tamén o é que dende que este xenial escritor andou as súas rúas nada foi para a vella capital do Reino de Galicia como ata entón fora, ata o punto de que hoxe non se poden percorrer cabalmente as paisaxes mindonienses sen o guieiro do mundo literario que este soñou para elas. Falar de Mondoñedo é, en moitos sentidos, falar dese extraordinario señor das palabras que se chamou Álvaro Cunqueiro e que, dalgunha maneira, acabou por refundar a xeografía dunha terra sempre pródiga en artistas.

Non se pode comprender ao escritor Álvaro Cunqueiro sen Mondoñedo e a súa comarca. Este roteiro camiña, da man da biografía e os textos literarios, polos territorios que fecundaron a imaxinación do autor.

  • Código en fprofe: G2203011
  • Relator: Armando Requeixo Cuba
  • Lugar: Mondoñedo
  • Data: 22 de abril de 2023
Roteiro Álvaro Cunqueiro
O territorio mindoniense de Cunqueiro
CAFI [2]
Departamentos [3]
Linguas [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39245

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39245
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/902
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/765