G2202025 - V Xornadas de lingua e literatura galegas no ensino [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 08/11/2022 - 16:40As Xornadas de formación Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias pretenden ofrecer unha oportunidade para a reflexión sobre a importancia de ensinar a escribir textos na aula e para a proposta de actividades, ferramentas, métodos e estratexias que contribúan a unha mellora da competencia discursiva do alumnado.
Neste marco, retlexionarase sobre a competencia discursiva plurilingüe, con especial atencion ao novo escenario que se configura coa última reforma educativa; presentaranse diferentes propostas didácticas en volta do ensino do proceso de escritura: darase a conecer o corpus CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito academico, que inclúe mil textos anotados extraidos da prequnta de comentario das probas de lingua e literatura galegas dos exames ABAU; e debaterase sobre os retos e dificultades que supón o ensino da competencia discursiva, así como sobre os métodos e estratexias que poden usarse na aula para lograr mellores resultados.
Todas as intervencións contarán cun tempo reservado para o coloquio co público asistente, posto que as xornadas prentenden ser, ademais, un foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para todo o protesorado de linguas.
