S2203005 - O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo [1]
Enviado por portalcafi a Mér, 14/09/2022 - 21:12En Galicia existe unha gran tradición na utilización didáctica do patrimonio. Desde hai tempo xurdiu a tendencia de achegar o pasado ao alumnado a través de visitas a edificios, xacementos, museos, etc. Actualmente, esta tendencia incrementouse e ademais aumentou o número de lugares visitables (coa incorporación dos centros de interpretación, de exposicións ou de itinerarios históricos). Todo iso, coa intención de achegar e de facilitar a aprendizaxe da historia.
Nesta actividade queremos acercar parte do patrimonio prehistórico (petróglifos de Teo) e o modernismo (a Compostela Modernista) para a súa aplicación didáctica na aula.
- Datas de realización: 1 de outubro
- Horario: de 15:00 a 24:00 H.
- Código en fprofe: S2203005
- Relatores: Eduardo Sánchez Novais, Luis Leclere Rodríguez e Pablo Sanmartín López
