Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2022/23 [1]
Enviado por administrador a Mér, 27/07/2022 - 17:36De acordo co establecido no punto sexto da Resolución do 7 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 117, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2022/23.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional é o comprendido entre os días 28 e 29 de xullo de 2022, ambos incluídos.
- As reclamacións á resolución provisional do concurso formularanse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]).
De formular a reclamación de xeito presencial, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.
- As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, a través de http://edu.xunta.es/cadp [3]
As instrucións para formular correctamente tanto as ditas reclamacións como as ditas renuncias estarán dispoñibles na páxina de inicio de CADP (https://www.edu.xunta.gal/cadp/ [4]) a partir de mañá, día 28 de xullo de 2022.