G2002048 - DALF. Alianza francesa. Nivel C1 [1]
Enviado por portalcafi a Ven, 30/04/2021 - 22:15A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.
O DELF, Diplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française, son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.
Avalía as competencias comunicativas en todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:
- Comprensión oral
- Comprensión escrita
- Produción oral
- Produción escrita
Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:
DALF. Alianza francesa. Nivel C1
- Código en fprofe: G2002048
-
Proba escrita: mércores 02 de xuño de 2021, horario, de 09:30 a 13:30h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).
-
Proba oral: realizarase ao longo do mes de xuño nunha hora determinada en cada Alianza francesa.
-
Prazas: 75
-
Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en francés.
Para máis información: DALF [2]
Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es [3]
