G1802066 - Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie [1]
Enviado por portalcafi a Dom, 16/12/2018 - 11:23O vindeiro 19 de xaneiro desenvolveremos no CAFI o curso Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie para o profesorado de alemán. Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación de Xermanistas [2].
Referencia en fprofe: G1802066
Data de realización: sábado 19 de xaneiro de 2019
Data límite de inscrición: 08 de xaneiro de 2019
Lugar de celebración: aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
Prazas: 25
Duración: 6 horas presenciais + 2 horas non presenciais
Relatora: Roswitha Althoff (EOI VIgo)
Enlace a fprofe: preme [3]
Obxectivos
1. Ensinar a expresión típica alemá para acercar a estrutura da lingua alemá ao alumnado da forma máis axeitada.
2. Ensinar a orde dos elementos na oración dunha maneira holística e cunha estrutura común, non coma un número de regras sen conexión entre si.
3. Ensinar a expresión gramatical e pronuncia desde o punto de vista da utilidade comunicativa e non suxeitas a esquemas de análise lingüística.
Contidos
1. Ensino da expresión do gusto de forma máis asequible e a expresión do desprazamento de forma máis axeitada.
2. A traslación de verbos casteláns ou galegos a adverbios alemáns.
3. Ensino dos relatores lóxicos, o perfecto, a declinación do adxectivo, as oracións relativas, os verbos que rexen preposicións...
