G1702001 - Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018 [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 13/11/2017 - 08:31As Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018 teñen este ano como centro de interese "ler e escribir na era audiovisual".
O mesmo que a era Gutemberg transformou radicalmente o xeito de producir e comercializar os libros, a era dixital está a renovar a forma en que lemos e escribimos no século XXI. Se case todos admitimos xa que Internet cambiou a maneira na que nos comunicamos e relacionamos entre nós, de verdade podemos pensar que a lectura e a escritura van permanecer inmunes a esta transformación social?
Nestas xornadas imos abordar de xeito teórico pero, sobre todo, práctico como os nosos centros están a traballar este campo.
Programa:
09:30 - 10:00 - Recepción de participación e entrega de documentación
10:00 - 10:15 - Inauguración
10:15 - 11:15 - Conferencia inaugural: Ler e escribir na era dixital por Francisco CASTRO VELOSO - director da Editorial Galaxia
11:15 - 11:45 - Pausa café
11:45 - 13:15 - Conferencia plenaria: Ler e escribir en Secundaria na era audiovisual: un reto, unha oportunidade por Alberto GARCÍA PÉREZ - IES Santa Cristina de Lena (Pola de Lena)
13:15 - 14:00 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Equipos de investigación literaria por Rosa María FERNÁNDEZ CALVO - IES Pino Manso (O Porriño)
16:00 - 16:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Tres formas de achegarse á lectura e escritura na Rede por Pilar PONTE PATIÑO - IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal)
16:55 - 17:50 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Obras son amores por Felisa REDONDO VALÍN - IES Ánxel Fole (Lugo)
17:50 - 18:05 - Pausa
18:05 - 18:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Illa Fantasía: a escola do unicornio por Esperanza Arias Ferreiro - CEIP Sada y sus contornos (Sada) Lydia Seijo Martínez - CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume) María Bermúdez Parapar - CEIP Sofía Casanova (Culleredo)
18:55 - 19:45 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Historias transmedia e creacións fanfiction por Xosé Manuel DOPAZO MELLA - IES Maruxa Mallo (Ordes)
19:45 - 20:00 - Clausura
Preme aquí [2] para obter máis información en fprofe.

File: