Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Scientix, comunidade para o ensino das ciencias en Europa

Scientix, comunidade para o ensino das ciencias en Europa [1]

Enviado por boletin a Xov, 11/05/2017 - 09:38

Descrición

Scientix é unha iniciativa aberta á participación de docentes, investigadores, responsables de elaboración de políticas, familias e calquera persoa interesada na educación científica.

O proxecto nace para facilitar a constante divulgación e intercambio de coñecementos técnicos e exemplos prácticos no ensino das ciencias na Unión Europea. Scientix está financiado pola Comisión Europea a través do 7º Programa Marco e xestionado pola rede europea European Schoolnet (EUN).

Scientix recompila materiais didácticos e informes de investigacións de proxectos europeos. A través de varios servizos online e offline, o proxecto pretende crear unha comunidade participativa para as persoas usuarias.

Servizos que ofrece Scientix

  • Unha colección de recursos didácticos para as clases de ciencias, informes de investigación e documentos útiles para a elaboración de políticas educativas.
  • Un servizo por encargo que permite solicitar a tradución dos materiais do portal Scientix a calquera das 23 linguas oficiais da UE.
  • Accións de formación (talleres, congresos, seminarios en liña, etc.).
  • Unha comunidade para compartir experiencias con outros colegas europeos no foro ou nas salas de chat.
  • Noticias e eventos na área do ensino das ciencias, así como un calendario de actividades e posibilidades de formación.
  • Boletín electrónico.

Participación

Inscrición na Comunidade Scientix mediante rexistro en http://scientix.eu [2].

Contacto

Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas (INTEF), Rúa de Torrelaguna, 58, 28027 Madrid

Correo electrónico: scientix@mecd.es [3]

Embaixadores/as

  • Os/as embaixadores/as de Scientix son docentes cuxo obxectivo é promover e informar sobre Scientix a docentes de ciencias en toda Europa.
  • Presentan Scientix en centros docentes, asociacións nacionais de profesores, conferencias e talleres, e aconsellan a outros docentes sobre como involucrarse na colaboración europea en materia STEM (Science, technology, engineering and mathematics). Tamén axudan a desenvolver e probar diversas ferramentas e servizos de Scientix para garantir a súa calidade pedagóxica.
Gallego
Logo [4]

File: 

PDF icon catalogo_embaixadores_scientix [5]

Website: 

Máis información [6]

Tema: 

Formación [7]
Recursos [8]

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral [9]

Colectivo: 

Profesorado [10]
Alumnado [11]
Familias [12]
Centros [13]

Sección: 

Boletín [14]
Portada de boletín [15]
Innovación [16]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22067

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22067
[2] http://scientix.eu
[3] mailto:scientix@mecd.es
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2017/05/11/480d9d28dce7e1eaadfcc5052b36abf8.jpg
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2017/05/11/8c61713a4441a5674333e1d124550d51.pdf
[6] http://educalab.es/proyectos/scientix
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/153
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/125
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403