G1602040: Apaixónate [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 25/04/2017 - 18:13Estas Xornadas foron organizadas pola Subdirección de Formación Profesional, en concreto dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia eduemprende. [2] Por esta mesma razón, aínda que se considera que a temática pode ser do interese de todo o profesorado, está dirixido principalmente aos orientadores dos centros integrados de Formación Profesional (CIFP), aos titores de viveiros de empresas dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e ao profesorado da especialidade de formación e orientación laboral.
Contará coa participación de persoas relevantes do ámbito non educativo, na formula de conferencias de non mais de 30 minutos. Achégase o programa das Xornadas, no cal poderá apreciarse o variado tanto das temáticas coma do perfil dos relatores.
Data de comezo: 13/5/2017
Data de finalización: 13/5/2017
Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago [3]
Número de horas totais: 8
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=77645 [4]

File: