Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares [1]
Enviado por portalcafi a Dom, 18/09/2016 - 21:23O curso na Rede "Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares [2]", aberto á participación do profesorado do ensino público de Galicia, celebrarase este primeiro trimestre, na Plataforma de Teleformación Galega, PLATEGA,
O prazo de inscrición no curso na Rede remata o 25/09/2016.
A referencia é G1601056.
O alumnado como suxeito activo da súa aprendizaxe debe aprender a traballar coas fontes informativas en alquera formato e soporte.
Básico para desenvolver competencias como a de aprender a aprender. Fundamental na Aprendizaxe Baseada en Proxectos, traballo colaborativo ou atención á diversidade.
