23 de abril, día mundial do libro e os dereitos de autoría [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 23/04/2015 - 00:36Conmemórase cada 23 de abril a morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO [2] escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR [3].
Como cada ano, a UNESCO publica unha mensaxe conmemorativa.
«A alfabetización é a porta de entrada á aprendizaxe e é esencial para fomentar a autoestima e a autonomía das persoas. Os libros, en todas as súas formas, desempeñan unha función esencial a este respecto.»
Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, [4]
con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2015
Capital Mundial del Libro 2015: Incheon (República de Corea)
A UNESCO e as tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro (a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen cada ano unha capital mundial do libro, este ano a cidade escollida é Incheon [5] (República de Corea) en recoñecemento ao seu programa de promoción da lectura entre a xuventude e os sectores desfavorecidos da poboación.
A Asesoría de bibliotecas escolares [6] da Subdirección Xeral de Centros, celebra este día coa edición dun novo modelo de marcapáxinas cun texto orixinal da autora María Solar [7], [8]premio Lazarillo [8] de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito [9]


