Novo portal da Unión Europea. Catálogo de cursos KA1 [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 06/02/2015 - 14:26A Unión Europea inaugurou o día 2 de febreiro de 2015 un novo portal co obxecto de dar a coñecer iniciativas e accións para centros educativos, relacionadas coas políticas educativas europeas.
A información estará dispoñible nas 25 linguas da UE e inclúe os seguintes apartados:
- Información: noticias, publicacións, artigos especializados e titoriais.
- Prácticas innovadoras que se compartirán a través de artigos e modelos extraídos de proxectos europeos.
- Ferramentas de apoio ao programa Erasmus +
- Catálogo de cursos de desenvolvemento profesional educativo (KA1)
- Ofertas de mobilidade incluíndo intercambios de profesores (KA1)
- Anuncios de oferta e busca de socios para asociacións estratéxicas (KA2).
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: