Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Resolución provisional pola que se fai pública a relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015

Resolución provisional pola que se fai pública a relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015 [1]

Enviado por administrador a Ven, 23/01/2015 - 13:49
Gallego

Xúntase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2014/15, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005,do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais de utilizar esta vía, solicítase que envíen unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax núm. 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Información relacionada

Anuncio principal: 

Resolución do 31 de outubro de 2014 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2014/2015 [2]
Atención á diversidade [3]
Innovalab [4]
Programas e plans [5]
Educación primaria [6]
Educación secundaria obrigatoria [7]
Centros [8]
Innovación [9]
Boletín [10]
Atención á diversidade e orientación [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14274

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14274
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13805
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/141
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/627
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/632