Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015

Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015 [1]

Enviado por administrador a Mér, 30/04/2014 - 08:35
Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

Características:

  • Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).

  • Os materiais poderán utilizarse online e offline.

  • Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da rede de formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o anexo da convocatoria.

  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

  • Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

Máis información:

Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es [2]

Tl.: 981 546.514/ 981.546.513

 

File: 

PDF icon Resolución do 22 de abril de 2014: Selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital (DOG) [3]
PDF icon Relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto Educación Dixital [4]
PDF icon Relación definitiva de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto Educación Dixital (DOG) [5]
Programas e plans [6]
Abalar [7]
Plans e actuacións en innovación educativa [8]
Educación primaria [9]
Educación secundaria obrigatoria [10]
Dirección Xeral de Formación Profesional [11]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [12]
Profesorado [13]
Centros [14]
Boletín [15]
Portada de boletín [16]
Innovación [17]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12327

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12327
[2] mailto:asesoria.tic@edu.xunta.es
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/04/30/20140430_educacion_dixital.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/04/30/anuncio_edixgal.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/04/30/20140807_resolucion_convocatoria_edixgal.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/242
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/135
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403