Encontros dos centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014 [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 24/03/2014 - 22:49Como cada ano, reuniranse nesta última semana do mes de marzo en Santiago, os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Os Encontros compartirán o lema elixido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
O primeiro día, no que se congregarán os representantes dos centros que se incorporaron ao PLAMBE na última convocatoria, iniciarase coa conferencia ¿Reinventarse? Retos para a biblioteca escolar do século XXI, a cargo da relatora Inés Miret Bernal, Coordinadora do grupo de expertos en lectura e bibliotecas da OEI e directora do equipo que elaborou o estudio LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN ESPAÑA. DINÁMICAS 2005-2011 [2], realizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A Asesoría de Bibliotecas Escolaresfará a presentación do Plan de mellora de bibliotecas escolares para os novos integrantes. Presentaranse 3 experiencia de boas prácticas e pechará o día a conferencia de Luis Miguel Cencerrado, Sentido e alcance da colección da biblioteca escolar en tempos de cambio.
Jorge Mira Pérez, Director do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do programa ConCiencia de divulgación científica, abrirá a xornada do venres 28 de marzo coa conferencia A emoción do descubrimento científico: unha porta cara ao hábito lector reflexivo,
O venres haberá dúas sesións con actividades simultáneas: pola mañá, mesas de experiencias; e reunións temáticas pola tarde. Cada participante deberá escoller aquela mesa de experiencias ou aquela reunión temática que sexa do seu interese.
Antonio Rodriguez de las Heras, Director do Instituto de Cultura e tecnoloxía da Universidade Carlos III de Madrid, fará a conferencia de clausura, O lugar da biblioteca na sociedade tecnolóxica.
PROGRAMA [3]
.




