C1303001: X Encontros con escritores [1]
Enviado por pedrolado a Lun, 09/12/2013 - 21:04Informámosvos que o vindeiro martes, día 10 de decembro ás 18:30 h. no Salón de Actos da UNED da Coruña, comeza unha nova edición das Xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encontros con creadores". A sesión inaugural contará coa presenza dos poetas MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO e ÁNXELES PENAS.
Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xabier Seoane, recoñecido autor galego.

File: