Folletos Web Ciclo
Executar obras de albanelaría e de formigón, cumprindo as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais,organizando, controlando e valorando os traballos.
Exércese a actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou por conta propia,desenvolvendo traballos de albanelaría e/ou de formigón para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0995 | Construción | LOOIFP |
1º | MP0999 | Encofrados | |
1º | MP1000 | Formigón armado | |
1º | MP0997 | Fábricas | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP0996 | Interpretación de planos de construción | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0998 | Revestimentos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP1004 | Cubricións | LOE |
2º | MP1343 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP1344 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1005 | Impermeabilizacións e illamentos | |
2º | MP1002 | Obras de urbanización | |
2º | MP1001 | Organización de traballos de construción | |
2º | MP1003 | Solados, azulexados e chapados |
Título de Técnico en Construción
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.