Bolsas de inmersión lingüística en inglés, destinadas a docentes de Formación Profesional

Bolsas Bankia de inmersión lingüística en inglés, destinadas a docentes de Formación Profesional, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Un total de 75 bolsas, 25 alumnos por semana, en xullo, en tres quendas a elixir:

  • semana do 7 ao 13,
  • semana do 14 ao 20 e
  • semana do 21 ao 27.

Os cursos intensivos de capacitación lingüística, desenvolvidos íntegramente en inglés realizaranse en Buitrago del Lozoya.

Poderán solicitar estas prazas os funcionarios de carreira pertencentes aos seguintes corpos docentes: Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Ensino Secundario e Profesores Técnicos de Formación Profesional, de calquera especialidade excepto inglés, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  • Non ser nacional dun país de fala inglesa nin posuír unha nacionalidade que comporte o coñecemento obrigado desta lingua.
  • Non ser especialista en inglés nin impartir ou estar habilitado para impartir esta disciplina, nin outras áreas nesta lingua dentro dos programas bilingües.
  • Estar, no presente curso, impartindo docencia directa na aula a alumnos de Formación Profesional, de calquera especialidade excepto inglés nun centro docente do territorio nacional.
  • Posuír un coñecemento da lingua do curso que se solicita, que será como mínimo o equiparado ao nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Non serán admitidos os candidatos con nivel inferior ao sinalado nin aqueles que posúan un nivel equiparado ao B2 do MCER.
  • Non estar destinado en adscrición temporal no exterior durante o presente curso escolar.
  • Non ser adxudicatario do curso solicitado en convocatorias anteriores.

O prazo para realizar a solicitude é de 15 días naturais, contados a partir da súa publicación polo MECD.

A ligazón con toda a información e a aplicación para enviar a solicitude é:

http://www.becasprofesoresbankia.com

Etiquetas: