Publicación de novos materiais de apoio para as ensinanzas de formación profesional

O repositorio de recursos para as ensinanzas de formación profesional de ciclos formativos LOE incrementouse con 33 novos materiais de apoio para os módulos profesionais. Trátase de 33 actividades en formato editable e do correspondente deseño da unidade didáctica onde están contextualizadas ditas actividades.

Os materiais proceden do traballo elaborado polo profesorado participante nas licenzas de formación concedidas no primeiro e no segundo trimestre do curso 2012/13 (Orde do 27 de xuño de 2012- DOG 06/07/2012):

  •  5 actividades para o módulo MP0216. Atención sanitaria, do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Autoría: Amanda Casas  Beijón e María Dolores Parrado Quintela.
  • 6 actividades para o módulo MP0384. Recursos turísticos, do ciclo superior de Guía, información e asistencia turística e do ciclo superior de Axencias de viaxes e xestión de eventos. Autoría: Irene Gil Ruiz.
  • 7 actividades para o módulo MP0656. Simulación empresarial, do ciclo superior de Administración e finanzas. Autoría: Manuel César Vila.
  • 15 actividades para o módulo MP0627. Xestión administrativa do comercio internacional, do ciclo superior de Comercio internacional e do ciclo superior de Transporte e loxística. Autoría: María Luz Ares Sánchez e María Luísa Iglesias Álvarez. [Nota: O CS Comercio internacional LOE e o CS Transporte e loxística no curso 2012/13  non están implantados polo que este recurso se vincula provisionalmente a XRT. Recursos transversais].

O acceso a dito repositorio de recursos atópase na ligazón www.edu.xunta.es/programacions, xunto ás opcións de elaboración e seguimento de programacións.

Estes recursos  teñen licenza Creative Commons BY-NC-SA (recoñecemento - non comercial - compartir igual). Para obter información máis detallada deste tipo de licenza visitar a ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es

Etiquetas: