Admisión: 2º prazo extraordinario de matrícula ou renuncia
Hoxe, ás 13:00h, remata o prazo de matrícula ou renuncia para o alumnado admitido na 2ª relación extraordinaria de persoas admitidas.
O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
Data:
Ven, 30/09/2011 - 12:00am - 1:00pm