Admisión: 1º prazo extraordinario de matrícula ou renuncia
Aberto o prazo de matrícula ou renuncia para o alumnado admitido na 1ª relación extraordinaria de persoas admitidas.
O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
O prazo de matrícula ou renuncia remata mañá día 23 de setembro ata as 13:00h.
Data:
Mér, 21/09/2011 (Todo o día) - Xov, 22/09/2011 (Todo o día)