Listaxes provisionais de solicitantes
Nas seguintes ligazóns pódese consultar a listaxe de solicitantes en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.
As persoas que desexen presentar algunha alegación aos datos que figuran na listaxe de persoas solicitantes por unidade de competencia, deberán remitila á sede da comisión avaliadora e dirixila aos presidentes ou as presidentas das comisións no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Nota: As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas en cada unidade de competencia publicarase no prazo máximo dun mes desde a publicación da listaxe de solicitantes, con indicación das causas de exclusión.