Folletos Web Ciclo
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.
No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1125 | Animación e xestión cultural | 213 |
1º | MP1131 | Contexto da animación sociocultural | 107 |
1º | MP1128 | Desenvolvemento comunitario | 107 |
1º | MP1133 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1129 | Información xuvenil | 133 |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 |
1º | MP0344 | Metodoloxía da intervención social | 133 |
2º | MP1123 | Actividades de lecer e tempo libre | 156 |
2º | MP1126 | Animación turística | 140 |
2º | MP1124 | Dinamización grupal | 123 |
2º | MP1134 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1135 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1130 | Intervención socioeducativa con xente nova | 105 |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 |
2º | MP1132 | Proxecto de animación sociocultural e turística | 26 |
Título de Técnico superior en Animación sociocultural e turística
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.