Folletos Web Ciclo
Efectuar a coordinación da montaxe, a posta en servizo, a xestión da operación e o mantemento de parques e instalacións de enerxía eólica, así como promover instalacións,desenvolver proxectos e xestionar e realizar a montaxe e o mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, e tamén xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento, e realizar a operación e o mantemento de primeiro nivel en subestacións eléctricas.
En empresas dedicadas a realizar a promoción, a montaxe, a explotación e o mantemento de instalacións de enerxías eólicas e solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica, así como en empresas relacionadas coa xeración, o transporte e a distribución de enerxía eléctrica, ou que posúan instalacións de alta tensión, e tamén en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de subestacións eléctricas.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0681 | Configuración de instalacións solares fotovoltaicas | LOOIFP |
1º | MP0179 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0671 | Prevención de riscos eléctricos | |
1º | MP0680 | Sistemas de enerxías renovables | |
1º | MP0668 | Sistemas eléctricos en centrais | |
1º | MP0669 | Subestacións eléctricas | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0670 | Telecontrol e automatismos | |
2º | MP0688 | Empresa e iniciativa emprendedora | LOE |
2º | MP0689 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0684 | Operación e mantemento de parques eólicos | |
2º | MP0686 | Proxecto de enerxías renovables | |
2º | MP0682 | Xestión da montaxe de instalacións solares fotovoltaicas | |
2º | MP0683 | Xestión da montaxe de parques eólicos |
Título de Técnico superior en Enerxías renovables
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.