Folletos Web Ciclo

CSS



Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Avaliar a eficiencia das instalacións de enerxía e auga en edificios, apoiando tecnicamente o proceso de cualificación e certificación enerxética de edificios, así como configurar instalacións solares térmicas, xestionando a súa montaxe e o mantemento en condicións de seguridade, calidade e respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

No sector enerxético, en institucións competentes en auditorías, inspeccións e certificacións enerxéticas, e en empresas dedicadas a realizar estudos de viabilidade, promoción, implantación e mantemento de instalacións de enerxía solar en edificios.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios
Técnico/a comercial de instalacións solares
Responsable de montaxe de instalacións solares térmicas
Responsable de mantemento de instalacións solares térmicas
Xestor/ora enerxético/a
Promotor/ora de programas de eficiencia enerxética
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0352 Configuración de instalacións solares térmicas LOOIFP
MP0349 Eficiencia enerxética de instalacións
MP0121 Equipamentos e instalacións térmicas
MP0179 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0122 Procesos de montaxe de instalacións
MP0123 Representación gráfica de instalacións
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0350 Certificación enerxética de edificios LOE
MP0357 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0358 Formación en centros de traballo
MP0354 Promoción do uso eficiente da enerxía e da auga
MP0355 Proxecto de eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
MP0353 Xestión da montaxe e o mantemento de instalacións solares térmicas
MP0351 Xestión eficiente da auga en edificación
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial