Folletos Web Ciclo
Planificar e xestionar os procesos de importación e exportación, e de introdución e expedición de mercadorías, aplicando a lexislación, no marco dos obxectivos e dos procedementos establecidos.
En empresas de calquera sector produtivo, nomeadamente do sector do comercio e márketing público e privado, realizando funcións de planificación, organización, xestión e asesoramento de actividades de comercio internacional. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa empresa, realizando actividades de comercio internacional, ou por conta allea, que exercen a súa actividade no departamento de comercio internacional dentro dos subsectores de: industria, comercio e agricultura, no departamento de comercio internacional, entidades financeiras e de seguros, no departamento de exterior, empresas intermediarias no comercio internacional, como axencias transitarias, axencias comerciais, empresas consignatarias, axencias de alfándegas, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc, empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras, empresas de loxística e transporte, asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0179 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0824 | Negociación internacional | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0622 | Transporte internacional de mercadorías | |
1º | MP0627 | Xestión administrativa do comercio internacional | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | |
2º | MP0827 | Comercio dixital internacional | LOE |
2º | MP0825 | Financiamento internacional | |
2º | MP0830 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0625 | Loxística de almacenamento | |
2º | MP0826 | Medios de pagamento internacionais | |
2º | MP0823 | Márketing internacional | |
2º | MP0828 | Proxecto de comercio internacional | |
2º | MP0822 | Sistema de información de mercados |
Título de Técnico superior en Comercio internacional
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.