Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

En que ámbitos se traballa?

No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.

Que ocupacións se desempeñan?
Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios
Coidador/ora en centros de atención psiquiátrica
Xerocultor/ora
Gobernante/a esubgobernante/a de persoas en situación de dependencia en institucións
Auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade
Auxiliar de axuda a domicilio
Asistente de atención domiciliaria
Traballador/ora familiar
Auxiliar de educación especial
Asistente persoal
Teleoperador/ora de teleasistencia
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0215 Apoio domiciliario LOOIFP
MP0213 Atención e apoio psicosocial
MP0216 Atención sanitaria
MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0214 Apoio á comunicación LOE
MP0217 Atención hixiénica
MP0211 Destrezas sociais
MP0219 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0220 Formación en centros de traballo
MP0210 Organización da atención ás persoas en situación de dependencia
MP0020 Primeiros auxilios
MP0831 Teleasistencia
Que título se obtén?

Título de Técnico en Atención a persoas en situación de dependencia

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial