Folletos Web Ciclo
Realizar operacións básicas e de control nos procesos para a obtención e a transformación de produtos químicos, mantendo operativos os sistemas, os equipamentos e os servizos auxiliares, controlando as variables do proceso para asegurar a calidade do produto, e cumprindo as normas de prevención de riscos laborais, de seguridade e ambientais.
En empresas do sector químico dentro da área de produción, recepción, expedición, acondicionamento, aprovisionamento loxístico, enerxía e servizos auxiliares, tanto no subsector da química básica como no da química transformadora.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0156 | Inglés profesional | LOOIFP |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0113 | Operacións de xeración e transferencia de enerxía en proceso químico | |
1º | MP0110 | Operacións unitarias en planta química | |
1º | MP0109 | Parámetros químicos | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0114 | Transporte de materiais na industria química | |
2º | MP0112 | Control de procesos químicos industriais | LOE |
2º | MP0118 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0119 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0111 | Operacións de reacción en planta química | |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | |
2º | MP0115 | Tratamento de augas |
Título de Técnico en Planta química
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.