Folletos Web Ciclo
Realizar operacións auxiliares de mantemento electromecánico en sistemas e equipamentos, de reparacións en elementos estruturais e aparellos, de protección e embelecemento de superficies, en embarcacións tanto deportivas como de recreo, seguindo as instrucións recibidas, adoptando as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
No sector do mantemento de embarcacións deportivas e de recreo, nomeadamente en talleres de reparación e de mantemento naval e construción de embarcacións de recreo e deporte.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | LOOIFP |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3043 | Mecanizado e soldadura | |
1º | MP3040 | Protección e embelecemento de superficies de embarcacións | |
1º | MP3028 | Reparación estrutural básica de embarcacións deportivas | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3071 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3048 | Mantemento básico da planta propulsora e equipamentos asociados | |
2º | MP3068 | Mantemento básico de aparellos de embarcacións deportivas | |
2º | MP3066 | Mantemento básico de sistemas eléctricos e informáticos |
Título de Técnico básico en Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.