Folletos Web Ciclo
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP3044 | Amovibles | LOOIFP |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3043 | Mecanizado e soldadura | |
1º | MP3045 | Preparación de superficies | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3046 | Electricidade do vehículo | |
2º | MP3049 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3047 | Mecánica do vehículo |
Título de Técnico básico en Mantemento de vehículos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.